INSTALACIÓNS
O Hotel foi reconstruído conservando a súa antiga estrutura de pedra das casas de aldea. Das tres, dúas eran dedicadas a vivenda e unha a cortes. A máis grande data de 1.713.
O fermoso xardín de uns 2500 m² cos seus dous hórreos de pedra e o seu pequeno regato, proporcionan ao hóspede tranquilidade e sosego.
O salón-recepción conserva a súa antiga lareira onde o hóspede poderá gozar das noites de inverno xunto á calor do fogo.
Dispón tamén dun salón común para os aloxados, idóneo para grupos ou familias.