PREZOS E RESERVAS

Está na nosa páxina oficial, ninguén pode darche mellores condicións ou un tratamento máis personalizado que nós mesmos, se reservas desde aquí garantimos o mellor prezo.

Se queres facer unha reserva a través do teléfono usa este número: +34 629 214 379.

Información sobre o pagamento

En tempada alta e media cobrarase o 20% do valor total da estancia no momento de facer a reserva. Este pagamento cargarase na súa tarxeta de crédito ou débito, pero se o prefire facilitarémoslle un número de conta para realizar unha transferencia bancaria. A cantidade restante aboarase no hotel ao finalizar a estancia. En tempada baixa non se efectuará ningún cargo por anticipado, pero necesitaremos os datos da súa tarxeta para poder confirmar a reserva. En todos os prezos está incluido o IVE, aparcamento e a conexion a internet por WIFI.

Condicions de cancelación
  • Ao reservar no Hotel Rústico Lugar do Cotariño, o cliente acepta as súas condicións de reserva, cancelación ou non presentación.
  • Cancelación en tempada baixa: se o cliente cancela a súa reserva cun mínimo de 7 días de antelación non se realizará ningún cargo. No caso de cancelar a reserva nos 7 días previos á entrada ou non presentarse, o hotel cargará o importe total da estancia, devolvéndose ao cliente a cantidade equivalente aos días que finalmente poida realugar a/as habitacións reservadas.
  • Cancelación en tempada media e alta: se o cliente cancela a súa reserva cun mínimo de 14 días de antelación non se realizará ningún cargo e devolverase o 20% de anticipo. No caso de cancelar a reserva nos 14 días previos á entrada ou non presentarse, o hotel cargará o importe total da estancia, devolvéndose ao cliente a cantidade equivalente aos días que finalmente poida realugar a/as habitacións reservadas.
  • Cancelacións por causa de forza maior: nos casos nos que se xustifique a cancelación ou interrupción da estancia por causa de forza maior, o hotel non efectuará ningún cargo e devolverase o anticipo do 20%, se o houbese.
Mascotas

Admítense mascotas ata 15 kilos nas habitacións estándar con saída directa ao xardín, este servizo ten un recargo de 15€ ao día. Se pensas que teu can pode ladrar ou causar danos, non o deixes só na habitación. Por respecto aos demais hóspedes, pedimos que as mascotas estean sempre atadas cos seus donos dentro do recinto do hotel, tanto nas zonas comuns como no xardín.

Se prefires facer a túa reserva por teléfono podes facela chamando ao +34 629 214 379.

A hora de entrada á habitación é a partir das 13:00 h e a hora máxima de saída é ás 12:00h.