AS HABITACIÓNS
DISPOÑEMOS DE 7 HABITACIÓNS DISPOSTAS NAS TRES CASAS.

Todas elas conxugan na decoración teitos de madeira, paredes de pedra, cun mobiliario rústico-moderno que fai destas un pracer para o descanso.

No módulo central atópanse as dúas habitacións especiais, Alca na primeira planta e Arao na segunda planta, esta con teito abufardado. A ambas accédese por unha escaleira de madeira desde a recepción, teñen bañeira de hidromasaxe e unha pequena zona de estar.

Noutro dos módulos dispoñemos de 4 habitacións dobres, Alcatraz e Gaviota na planta alta con teito abufardado e un distribuidor polo cal se comunican entre elas, ideais para unha familia con nenos. Na planta baixa están dispostas Flamenco e Frailecillo, as dúas con entrada independente e un pequeno xardín.

No terceiro módulo dispoñemos da habitación adaptada para persoas con mobilidade reducida. Accédese a ela desde o xardín sen ningún chanzo, tamén con entrada independente, amplo baño e vistas ao campo.

En todas elas cabe a posibilidade de montar una cama supletoria.

Alca 03 1
Arao 01
Gaviota 01
Alcatraz 03
Flamenco 01
Frailecillo 04
Cormoran 01

Se reserva directamente con nós garantímoslle o mellor prezo.